Menu
Actualidad

Presentación de resultados do proxecto SEAMAX

O vindeiro martes día 6 de Outubro de 2009 terá lugar a presentación de resultados do proxecto “SeaMAXComunicación inarámicas en entornos marítimos costeiros”, que se celebrará no salón de actos da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicación de Vigo. Este proxecto de innovación, desenvolvido íntegramente por empresas, universidades e centros de investigación galegos, trata de resolver os problemas.

O proxecto está liderado pola enxeñería galega Quobis Networks en colaboración coa empresa Wireless Galicia, o Instituto Tecnolóxico de Galicia e as Universidades de Vigo e a A Coruña. O proxecto, de tres anos de duración, ten como obxectivo a investigación na aplicación das tecnoloxías de comunicacións sen fíos aos entornos marítimos costeiros, especialmente coa tecnoloxía WiMAX.

Esta tecnoloxía permite a transmisión de datos a grandes distancias mediante o emprego de estacións base repartidas ao longo de toda a costa. Os resultados do proxecto permitirán a prestacións de servizos avanzados aos usuarios do sistema tales como aceso a internet, banda ancha móbil, videovixiancia ou monitorización de equipos embarcados.

A finalidade do evento é dar a coñecer os resultados do proxecto e establecer liñas de colaboración con empresas e entidades interesadas na aplicación destas solucións, tales coma lonxas, clubes náuticos, xestores de plataformas de acuicultura, etc…, contribuindo asi ao desenvolvimento das Novas Tecnoloxías na nosa Comunidade.

O evento é de asistencia gratuita, previa inscrición na páxina web do proxecto www.seamaxproject.com WorkShop “SeaMAX – Comunicacións Marítimas” Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicación Campus Lagoas Marcosende, s/n – Salón de Actos Martes, 6 de Outubro de 2009 – 10:30h.

,
  TOP