soluciones.png
Software de xestión

O noso equipo técnico ha levado a cabo numerosos desenvolvementos de software a medida e participado en proxectos colaborativos para clientes de diversos sectores económicos, o que nos permite ofrecer un amplo abanico de solucións de negocio personalizadas ás necesidades de cada cliente. Os nosos principais traballos realizámolos utilizando tecnoloxías web, principalmente baixo plataforma LAMP e aplicando metodoloxías de desenvolvemento áxiles centrando o esforzo na adaptabilidad máis que na previsión. Usamos ferramentas de código aberto como Symfony e Zend Framework, minimizando o custo para o cliente, entregando o código fonte e permitindo o control total sobre a solución implantada.

Neste contexto bautizamos a nosa liña de software de xestión empresarial como OpenXesta que responde a moitas de necesidades de xestión dunha peme (xestión de clientes, provedores, proxectos, almacén,...). Nesta liña ofrecemos ademais un modelo de explotación SaaS (Software as a Service), onde a aplicación reside na nube (cloud computing) e o cliente se despreocupa do mantemento dos seus sistemas (servidor de aplicacións, actualización de sistemas operativos,...), abonando unha cota mensual polo uso da ferramenta.

 

 

 

En paralelo participamos en desenvolvementos colaborativos con terceiras empresas, como é o caso de NavalPlan, unha aplicación baseada en software libre que resolve as necesidades de planificación do sector naval.

 
WIRELESS GALICIA
Delegación Vigo: Tlf.: 986 113 273
Delegación Coruña: Tlf.: 881 242 969