soluciones.png
Portais corporativos

Desenvolvemos portais corporativos facendo uso de xestores de contido (CMS) con licenzas GPL-GNU, evitando repercutir no cliente os custos de licenzas doutras tecnoloxías propietarias. Esta aposta non se debe exclusivamente á redución de custos que supón, senón tamén ao convencemento de que estes produtos gozan dunha calidade contrastada e testeada por unha comunidade de desarrolladores a nivel mundial.

Os nosos principais traballos realizámolos sobre a plataforma LAMP e estamos especializados no desenvolvemento de páxinas, compoñentes e persoais para Joomla, Wordpress e Magento.

Así mesmo para aqueles portais que requiren desenvolvementos moi específicos, realizamos aplicacións Web a medida, utilizando frameworks de desenvolvemento como Zend Framework e Symphony.

 
WIRELESS GALICIA
Delegación Vigo: Tlf.: 986 113 273
Delegación Coruña: Tlf.: 881 242 969