|
Boas prácticas no desenvolvemento Web. 25 e 26 de novembro charlas técnicas sobre Symfony2 en Vigo |
|
Venres, 04 Novembro 2011 00:00 |
|
O noso equipo de deesnvolvemento software participa na organización dunhas xornadas sobre "Desenvolvemento Web, PHP, HTML5 e Symfony2".
As xornadas terán lugar no Centro Social Novagalicia en Vigo o 25 e 26 de novembro. Animamos a participar a calquera persoa interesada nunhas charlas técnicas e amenas realizadas por relatores con gran experiencia en Symfony2 (Framework PHP):
- Javier Eguiluz Perez
- Ignacio Martín Latorre
- Francisco Javier López Alcaraz
- Raúl Fraile Beneyto
A xornada representa unha gran oportunidade non só para coñecer un novo "framework" e comezar a utilizalo, senón contactar con outros profesionais ou empresas do sector coas mesmas inquietudes. Por este motivo haberá expositores tanto de curriculums como de ofertas de emprego dispoñibles para os asistentes.
Para obter máis información consulte o seguinte enlace: http://www.galpon.org/content/symfony2
<< volver |