idi.png
HomeWell-Health: Plataforma asistencial de monitorización domiciliaria para pacientes con insuficiencia cardíaca.

Título proxecto: HomeWell-Health: Plataforma asistencial de monitorización domiciliaria para pacientes con insuficiencia cardíaca.

Data de Resolución da concesión: Resolución do 15 de xullo de 2011

Norma reguladora: Procedemento administrativo PR520A_2011 (Resolución do 22 de marzo de 2011 publicada no DOG nº 62 o 29 de marzo de 2011)

Órgano concedente: Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica

Crédito orzamentario: 2.600.000 €

Contía: 26.062,00 €

Finalidade: Co presente proxecto Wireless Galicia pretende dar continuidade á súa liña de I+D+i centrada no desenvolvemento de solucións no ámbito do E-Health, mais concretamente no deseño de produtos e servizos de teleasistencia e telemonitorización domiciliaria para pacientes crónicos.

Memoria de proxecto

 

O obxectivo principal do proxecto consiste en desenvolver e implementar unha plataforma independente de monitorización para o seguimento de pacientes con insuficiencia cardíaca nos seus fogares. Esta clase de sistemas requiren dunha rede sensorial que monitorice as correspondentes constantes médicas do usuario. Actualmente as solucións comerciais que existen no mercado son propietarias (os dispositivos só operan con outros dispositivos da mesma marca e gama) carecendo de compatibilidades fóra do seu propio sistema. Isto reduce a modularidade do sistema para a súa adecuación ás necesidades específicas de cada usuario e/ou do complexo hospitalario que dea soporte a un sistema de seguimento das mencionadas características

Pola súa banda este sistema de telemedicina no fogar, que é unha solución independente, operativa e funcional de maneira autónoma, atopa unha importante complementariedade funcional en termos de mobilidade en plataformas asistenciais móbiles, permitindo o seguimento e transmisión de parámetros biomédicos cando o usuario abandona o fogar.

Tras a ampla experiencia de Wireless Galicia en proxectos neste campo, proponse o desenvolvemento dun novo servizo de saúde que permita o seguimento de pacientes con patoloxías na área da insuficiencia cardíaca ofrecendo ao propio paciente a posibilidade de ter o control sobre o seguimento do seu estado con apoio incondicional do persoal clínico, adquirindo os primeiros unha maior participación nos seus coidados sen reducir a calidade do seguimento médico. Alcánzase así, ademais, un desconxestionamento do sistema de consultas derivadas de seguimentos rutineiros, ao estender certos servizos de control cara ao fogar intelixente. Desta maneira os esforzos presenciais do persoal sanitario poden centrarse no coidado de casos agudos.

Desagregando o propósito xeral do proxecto en obxectivos máis específicos baseados no seu desenvolvemento:

•    Deseñar e implementar un servizo de telemedicina orientado ao seguimento e monitorización daquelas persoas afectadas por algún tipo de enfermidade cardiovascular, centrándose naqueles casos de insuficiencia cardíaca. A tecnoloxía tanxible do sistema que prové o servizo localízase no fogar do paciente centralizando os sinais recibidos dos distintos dispositivos que forman a rede sensorial, dotando ao sistema de interoperabilidade entre estes.

•    Desenvolver e implementar os módulos lóxicos requiridos polo servizo de control e seguimento de cardiopatías para obter as funcionalidades correspondentes á indicación de toma de medidas de parámetros fisiolóxicos, a inxesta de medicamentos e a automatización de alertas e alarmas ante situacións de risco, entre outros. Estes servizos materializados como aplicativos presentarán as seguintes características principais:

  • Transparencia ao usuario. Automatización das accións que xunto ao carácter non invasivo dos sensores de adquisición de datos, fagan que o sistema realice a súa labor cunha incidencia mínima na vida cotiá do paciente; favorecendo así a aceptación do seu uso entre o público obxectivo.
  • eAccesibilidade. Posibilita o uso e interacción co sistema por todo tipo de usuarios dunha maneira intuitiva e salvando posibles dificultades dos usuarios con diversidade funcional ou derivadas do contexto de aplicación; favorecendo así o acceso aos servizos e contidos cunha maior claridade e eficacia.
  • Plataforma tecnolóxica aberta (FLOSS). Non ter que asumir custos adicionais polo pago de licenzas de tecnoloxías propietarias, favorece a sustentabilidade do sistema; doutra banda favorece o desenvolvemento de aplicacións a medida por parte dos propios centros sanitarios.

 

<< volver

 
WIRELESS GALICIA
Delegación Vigo: Tlf.: 986 113 273
Delegación Coruña: Tlf.: 881 242 969