|
É para nós un obxectivo fundamental lograr que os resultados da nosa investigación teñan aplicación na vida real. Para iso cremos firmemente en que o camiño a seguir debe basearse nun modelo de innovación aberta, motivo polo cal en todos os nosos proxectos colaboramos activamente con grupos de investigación universitarios, centros tecnolóxicos e terceiras empresas.
Así mesmo a nosa misión en I+D+i susténtase en dous grandes alicerces, que son:
- Retroalimentación e aplicación directa da I+D+i na comunidade galega, especialmente nos sectores con maiores necesidades, como son o medio rural, medioambiente, medio mariño e o sector sociosanitario.
- Internacionalización, desenvolvendo solucións de aplicación en diversos mercados, colaborando para elo con entidades de outros países, tanto na fase de I+D como na comercialización dos resultados.
Sobre estas bases as nosas liñas de investigación principais son:
- Sistemas de telemonitorización e telecontrol asistidos por sensores e actuadores para contornos de telemedicina, xestión medioambiental e ciudades intelixentes.
- Sistemas de interoperabilidade semántica para WSN (Wireless Sensor Networks) baseados en Wi-Fi/IEEE-8201.11, Bluetooth/IEEE-802.15.1 e Zigbee/IEEE-802.15.4)
- Interfaces multimodais avanzadas home máquina (MMHCI), interpretando o comportamento humano como fonte de información para a interacción e buscando unha maior accesibilidade a usuarios con diversidade funcional.
- Ferramentas de intelixencia artificial baseadas en web semántica e ontoloxías que permitan establecer patróns de comportamento que dean soporte á toma de decisións, especialmente no ámbito do E-Health.
|