exito.png
Plataforma de monitorización de vídeo IP. Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia

O illamento e a dificultade de acceso ao Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galica (PNMTIAG) son dúas características fundamentais para entender como puido manter a súa beleza e natureza salvaxes que constitúen o seu principal atractivo para o público en xeral. Con todo, son tamén dúas características que explican os problemas que xorden á hora de establecer unha infraestrutura de comunicacións eficiente e fiable que facilite o traballo diario dos principais responsables do mantemento desta contorna, así como a posibilidade de establecer servizos avanzados de xestión dos recursos naturais así como a atención ao visitante, ou servizos de repositorios de información biolóxica e ambiental en tempo real que favorezan os estudos científicos desde laboratorios remotos.

Necesidade
Dispor dunha rede de cámaras de vídeo IP situadas en distintas localizacións do Parque coa finalidade de servir de soporte á monitorización ambiental con fins científicos.

Solución

Deseño e implantación dun sistema de Vídeo IP que permite a monitorización de distintas localizacións das Illas Cíes e Ons desde as oficinas centrais do parque en Vigo. Actualmente existen 4 cámaras: tres terrestres giratorias (PTZ) e 1 subacuática fixa.

A finalidade destas cámaras é a servir soporte á monitorización ambiental con fins científicos. Concretamente entre os seus obxectivos está o seguimento de aves e os seus procesos de cría, estado da mar, mareas e en xeral de diversos procesos naturais tales como erosión, cambios geomorfológicos, morfodinámicos, etc. Quedan excluídos dos fins destas cámaras aspectos tales como a seguridade, vixilancia e control de instalacións ou persoas.

Referencias a noticias do proxecto:

  1. Islas Cíes: Un paraíso al alcance de todos
  2. Cíes usa una plataforma de vídeo subacuático para investigadores
  3. Una cámara permite ver por Internet el fondo del Lago dos Nenos de las Islas Cíes
  4. El Lago dos Nenos de las Islas Cíes, ecosistema marino singular, dispone desde el pasado mes de marzo de una plataforma de grabación subacuática
  5. Cámaras bajo el agua de las Cíes
  6. Parques se abona al Gran Hermano

 

<< volver

 
WIRELESS GALICIA
Delegación Vigo: Tlf.: 986 113 273
Delegación Coruña: Tlf.: 881 242 969